O obxectivo deste Mercado é o de presentar á cidadanía unha oferta lúdica ambientada na primavera, cunha temática e contidos para todos os públicos relacionada con esta época do ano.
A ubicación prevista é a do parque do río Freixeiro, na parte posterior de Madeiras Fernández.
Divídese en 3 áreas: mercado propiamente dito, área gastronómica, e área musical.
Mercado
Contará con varios postos, algúns deles personalizados, tanto de venta como de exposición de produtos tales como:
- Froitas
- Produtos da horta
- Xardinería
- Produtos ecolóxicos
- Moda
- Artesanía
- Decoración
- etc.
Área gastronómica
Contará con varios foodtruck e/ou postos de elaboración de comida, e unha zona destinada a mesas e sillas.
Área musical
Onde están previstas actuacións en directo e música ambiental (CreativeCommons).
Organiza
Concello de Narón
Datas e Horarios Previstos:
As datas previstas son o 15, 16 e 17 de xuño de 2.018, estimando una periodicidade anual. Horario previsto do Mercado: de 11:00h a 23:30h
Eventi elaborará un calendario que incluirá o programa de actividades.