A Concellería de Promoción Económica do concello de Narón, xunto coa colaboración de Eventi, organiza este ano 2020 o «Concurso de Tapas de Entroido 2020», co que se pretende promocionar e promover o sector hostaleiro, a restauración e o turismo en Narón.
O «Concurso de Tapas de Entroido 2020» celebrarase entre o 21 de febreiro e o 1 de marzo de 2020.
Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos dedicados á hostalería e restauración do Concello de Narón, que así o soliciten e cumprimenten o modelo de inscrición e a ficha de participación en tempo e forma.
Haberá premios tanto para os locais como para os clientes dos mesmos.
Premios para os locais:
Cata a cegas:
• 1º PREMIO: 400 € + diploma + detalle conmemorativo.
• 2º PREMIO: 250 € + diploma + detalle conmemorativo.
• 3º PREMIO: 150 € + diploma + detalle conmemorativo.
Valoración do xurado popular (clientes):
• 1º PREMIO: 300 €, + diploma + detalle conmemorativo
• 2º PREMIO: 200 € + diploma + detalle conmemorativo.
• 3º PREMIO: 100 € + diploma + detalle conmemorativo.
Premios para os clientes:
Os clientes que participen emitindo as papeletas válidas entrarán no sorteo de:
• 1 cea para un premiado e acompañantes, por valor de ata 150 euros, no establecemento clasificado en primeiro lugar xeral
• 1 cea para un premiado e acompañantes, por valor de ata 150 euros, no establecemento clasificado en segundo lugar xeral
• 1 cea para un premiado e acompañantes, por valor de ata 150 euros, no establecemento clasificado en terceiro lugar xeral.
• 2 Circuítos spa en Odeón Spa Center
Consulta aquí os locais participantes.
¿Cómo participan os clientes?
- Consulta o listado dos locais e o horario no que sirven as tapas.
- Unha vez no local, coa túa consumición, pide a tapa do concurso e unha papeleta de votación (si non a tes xa despois de pasar por outro local)
- Proba a tapa e pide que lle poñan o selo á papeleta.
- Vai a outro local para repetir o proceso e poder comparar as tapas. Cada papeleta é para dous locais. Debes probar en 2 locais para que a papeleta sexa válida.
- Valora cada unha delas, cubre os teus datos e mete a papeleta na urna de calquer local.