Reserva de praza para o bus lanzadeira que vai por A Capela para a Noite no Mosteiro de Caaveiro
MOI IMPORTANTE!
Nin o Concello da Capela, organizador do evento, nin EVENTI, creador do mesmo, teñen competencias nin responsabilidade sobre os accesos ao mosteiro de Caaveiro pola marxe esquerda do río Eume (Pontedeume ou Monfero).
Como cortesía aos asistentes, o Concello da Capela ofrecerá servizo gratuito de autobús por A Capela. O traslado farase dende o Concello ata a entrada do denominado Camiño Novo, e retorno. O bus sairá do Concello ás 20:00 h. Para o regreso, sairase do mosteiro de Caaveiro ás 24:00 h acompañados de persoal da organización. É imprescindible reservar praza e amosar a reserva ao conductor tanto á ida como á volta. Dende a entrada do camiño novo, o resto do traxecto deberá facerse a pe. É un treito dun 3 kms por camiño de zahorra, e aproximadamente 200 metros finais por sendeiro como o da imaxe, con subidas e baixadas. Recomendamos levar calzado e roupa apropiados para camiñar por sendeiro de monte, e levar lanterna para o regreso.